O BNG require que o Goberno de Agustín Hernández solucione os problemas de alumeado na Almáciga
A falta de luz dificulta o paso pola zona do parque despois das 18:00 horas
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2015.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, requiriulle ao Goberno de Agustín Hernández que solucione os problemas de alumeado no parque da Almáciga, que permanece sen subministro eléctrico dende hai máis de dous meses.
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, logo de recoller as demandas da veciñanza da Almáciga que nos últimos tempos veu interrompido o servizo de alumeado público no parque deste barrio, o que dificulta o paso pola zona despois das 18:00 horas pola escuridade, rexistrou unha pregunta ao Goberno local para coñecer cando teñen previsto solucionar o problema.
Deste xeito, o BNG quere coñecer a previsión do Goberno municipal para proceder á realización das accións necesarias para dotar de alumeado público o parque da Almáciga, que permanece sen luz e dificulta o tránsito por este espazo.