O alcalde apoia amañar leis para intentar gañar as eleccións coa reforma electoral
En dous meses Agustín Hernández demostrou a súa concepción da democracia, ao ser elixido por un grupo que non conta co aval das urnas
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2014.- O portavoz municipal do BNG, Rubén Cela, sinalou en rolda de prensa que as declaracións do alcalde sobre a reforma da lei electoral que pretende realizar o PP de xeito unilateral e sen diálogo coas demais forzas políticas mostra o nerviosismo de Agustín Hernández e do PP para amañar leis que lles permitan gañar o que saben que non van gañar nas urnas.
Hernández en só dous meses está a dar boa conta da súa concepción da democracia e do valor que lle outorga á vontade da veciñanza expresada nas urnas, indicou Rubén Cela, porque se converteu no primeiro alcalde de Galiza apoiado por un grupo de Goberno onde a maioría dos seus membros non teñen o aval democrático de concorrer a un proceso electoral. Conta co aval dun grupo electo a dedo por Agustín Hernández, engadiu.
O alcalde de Santiago saíu defender de xeito entusiasta o auténtico pucheirazo electoral que representa o intento de reforma da lei electoral de Mariano Rajoy, mesmo chegou a afirmar que unha obriga do PP aínda que xere un rexeitamento radical. En concreto, esta reforma lexislativa destinada a que goberne o partido máis votado ten en contra a todas as forzas políticas e cambia as regras de xogo a uns meses da convocatoria electoral das eleccións municipais.