O BNG cualifica os Orzamentos Xerais do Estado de electoralistas e deficitarios para Santiago
O BNG cualifica os Orzamentos Xerais do Estado de electoralistas e deficitarios para Santiago
A seguridade viaria na Sionlla e no Eixo seguen esquecidas
Santiago de Compostela, 05 de agosto de 2015.- O grupo municipal do BNG de Santiago do BNG realizou unha avaliación xeral do proxecto de Lei dos Orzamentos do Estado para 2016 e segundo o seu portavoz, Rubén Cela, estes orzamentos son electoralistas e deficitarios pois non dan resposta aos problemas e necesidades que ten a cidade.
Para o BNG, nun contexto socioeconómico como o actual a absoluta prioridade duns orzamentos teñen que ser as persoas e nestes faltan proxectos sociais e económicos.
O portavoz nacionalista indicou que os Orzamentos Xerais do Estado sempre se caracterizaron por ter unha importante carga propagandística e non van ser menos este ano a unhas semanas da convocatoria de eleccións. Hai que ter en conta, antes de analizar o que se anuncia para o ano 2016, o escaso ou nulo grao de execución de determinadas partidas dirixidas a Santiago de anos anteriores. Outras cuestións recóllense nominalmente cada ano, mais nunca chegan a seren executadas como o CESIC nas Brañas de Sar que outra vez conta con cero euros ou a partida insuficiente para a construción da nova estación do ferrocarril.
Cremos que hai actuacións urxentes como a seguridade viaria na Sionlla e no Eixo, como veu denunciando o BNG nos últimos anos, e que non contan con partida orzamentaria, dixo Rubén Cela. Ademais tamén expresan a súa preocupación porque a nova depuradora segue sen contar con previsións inmediatas, pois a cantidade reflectida nestes orzamentos non son para execución senón para trámites previos como as expropiacións que xa poderían estar feitas, e todo isto débese á perda dos fondos FEDER 2007-20013, como denunciou en reiteradas ocasións o BNG.