O BNG organiza, como en anos pasados, un acto en memoria de Ánxel Casal
O BNG organiza, como en anos pasados, un acto en memoria de Ánxel Casal, alcalde asasinado a mans do franquismo
Celebrarase o mércores 19 na rúa do Vilar ao pé do inmóbel que albergou a Imprenta Nós
Santiago de Compostela, 05 de agosto de 2015.- O BNG de Santiago organiza a homenaxe a Ánxel Casal que lle tributa anualmente esta organización política coincidindo coa data do seu asasinato a mans do franquismo en 1936.
Este acto, de carácter simbólico, celebrarase o mércores 19 na rúa do Vilar, número 15, ao pé do inmóbel que albergou a Imprenta Nós.
Ademais, a agrupación nacionalista vén de solicitar ao Goberno municipal que lle permitan, no transcurso desta conmemoración, colgar nun dos balcóns do Pazo de Raxoi a bandeira denantes mortos ca escravos emblema do nacionalismo galego.
Ánxel Casal foi o último alcalde nacionalista da cidade de Santiago e destacou polo seu labor como editor e político.