O BNG reclama a restauración do muro derrubado da Finca do Espiño polo seu valor patrimonial
30 abr. 2014 - 15:20
Rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno local para coñecer os motivos que causaron este derrubo
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014.- O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, logo de que se derrubase o muro que rodea a Finca do Espiño na zona do Carme de Abaixo, rexistrou unha pregunta dirixida ao Goberno local para saber se coñece os motivos que causaron este derrubo e instalo á súa reposición, debido ao valor patrimonial do mesmo.
O BNG require, así mesmo, información sobre as previsións que manexan para a restauración dese muro e o prazo temporal para efectuar as obras.