O BNG trasládalle os parabéns a Suso de Toro pola distinción Creu de Sant Jordi da Generalitat

O BNG trasládalle os parabéns a Suso de Toro pola distinción Creu de Sant Jordi da Generalitat

O escritor, candidato na lista do BNG ás eleccións europeas, avoga pola soberanía contra a negación dos dereitos cidadáns, da xustiza e das naciónssusodetoro

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2014.- O Bloque Nacionalista Galego trasladoulle a felicitación ao escritor Suso de Toro pola distinción Creu de Sant Jordi concedida pola Generalitat de Catalunya en recoñecemento do seu labor a prol da identidade social e cultural do pobo catalán.



Suso de Toro foi condecorado por ser valedor da causa catalá fronte á visión centralizadora do Estado español, aspecto que lle serviu á Generalitat para outorgarlle esta distinción que en anos anteriores recibiron Lluís Llach, Ana María Matute, Maria del Mar Bonet, Antoni Ros-Marbà e a Academia de Ciencias Médicas de Catalunya e Baleares, entre outras.

O escritor Suso de Toro, candidato na lista do BNG ás eleccións europeas, avoga pola necesaria reivindicación da soberanía no contexto político actual de negación dos dereitos básicos da cidadanía, da xustiza e das nacións.

O BNG trasládalle os parabéns a Suso de Toro pola distinción Creu de Sant Jordi da Generalitat