Encontro con Galiza Nova

Encontro con Galiza Nova

gznova

A candidata Ana Miranda, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e o secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, mantiveron un encontro coa mocidade en Santiago de Compostela.

Anunciaron que no programa das eleccións europeas se incorporará un incremento nas contías das bolsas Erasmus, a supresión de empresas de traballo temporal, medidas para preservar a universidade pública de calidade e propostas para facilitarlles o acceso á vivenda á xente nova, co uso de pisos baleiros propiedade da banca rescatada con fondos europeos.

Ademais, o BNG reclamará en Europa unha reasignación de fondos europeos para promover políticas activas de emprego estábel para a xuventude.

Encontro con Galiza Nova