Rafael Vilar require datos sobre as infrutuosas xestións realizadas polo alcalde na Sala Iago
Ángel Currás recoñeceu que as súas negociacións non deron o resultado agardado e por iso este espazo cultural permanece en situación de abandono
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2014.- O grupo municipal do BNG, a través dunha pregunta rexistrada polo concelleiro Rafael Vilar, require saber as infrutuosas xestións realizadas polo alcalde de Santiago de Compostela relacionadas coa actividade da Sala Iago posto que, a pesar do seu compromiso, afirmou que non ten uso cultural logo dos numerosos intentos errados para recuperar ese espazo.
Deste xeito, o BNG formuloulle unha pregunta ao alcalde para coñecer, detalladamente, cales foron eses numerosos intentos infrutuosos para a recuperación da Sala Iago, un edificio emblemático da cidade en situación de abandono.
Rafael Vilar cuestiona a xestión de Ángel Currás como alcalde e responsábel de Cultura ao non responder ás expectativas creadas ás que se comprometeu para revitalizar a Sala Iago, cando o propio rexedor recoñeceu nun comunicado que non deron o resultado agardado, o que evidencia un fracaso máis á fronte do Goberno local de Santiago de Compostela.