Rubén Cela afirma que Agustín Hernández segue o mesmo patrón ideolóxico de Conde Roa e Ángel Currás
O PP incrimina as protestas da cidadanía que non quere ser submisa ás políticas da Troika e de Merkel
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2014.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre a valoración do alcalde de Santiago da carga policial durante a visita de Merkel e Rajoy á cidade, afirmou que Agustín Hernández está cortado polo mesmo patrón ideolóxico que Conde Roa e Ángel Currás.
Agustín Hernández amosa o mesmo talante antidemocrático que os seus antecesores populares na Alcaldía, primeiro coa designación de concelleiros non electos nas urnas, logo co apoio ao pucheirazo electoral para que goberne a lista máis votada en detrimento do pluralismo e agora coa incriminación das protestas sociais nas que participou a veciñanza de Compostela que non quere ser submisa ás políticas da Troika e de Merkel porque causaron drásticos recortes nos servizos públicos e nos dereitos laborais e tiveron como resultado o empobrecemento do noso país a conta de salvar a banca especuladora.