Valoración do BNG da sentenza que desestima o recurso contra o Goberno local de non electos/as
Valoración do BNG da sentenza do Tribunal Supremo que desestima o recurso contra os/as concelleiros/as non electos/as en Santiago de Compostela.
Goretti Sanmartín, secretaria de Implantación e Estratexia Municipal da Executiva Nacional do BNG:
"Para o BNG, esta sentenza é decepcionante porque o Tribunal Supremo non entra no fondo da cuestión obxecto do recurso e tan só confirma que se aproveitou a lexislación, nun suposto excepcional elaborado para casos de terrorismo, e isto vén validar que goberne como alcalde o último dunha listaxe electoral coa facultade para cambiar as persoas que concorreron nunha candidatura que foi votada por outras non elixidas democraticamente, co resultado dunha oferta electoral completamente distinta da que votaron os/as santiagueses/as".