O BNG organiza unha charla sobre Palestina e Siria, con Fayez Badawi

O BNG organiza unha charla sobre Palestina e Siria, con Fayez Badawi

O acto será este xoves 25 de febreiro ás 20:30 no Vide-Vide

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016.- O BNG de Santiago organiza un acto público con Fayez Badawi, do Frente Popular para a Liberación de Palestina, para dar a coñecer a situación de Oriente Medio, de Palestina a Siria, para abrir o debate coas persoas participantes. A charla será este xoves 25 de febreiro ás 20:30 no Vide-Vide (rúa da Fonte de Santo Antonio, 10).

Fayez Badawi naceu no campamento de refuxiados de Tal Az-Zatar, ao este de Beirut, posteriormente destruído en 1976. En 1982 foi testemuña da matanza instigada por Ariel Sharon no campamento de Chatila. Na actualidade, é militante do Frente Popular para a Liberación de Palestina e imparte conferencias de concienciación sobre a situación dos territorios ocupados e as causas da opresión en Oriente Medio.