PROGRAMA

Goretti Sanmartín presenta o proxecto do BNG para Santiago nunha cea con 500 persoas  

Goretti con militantes do BNG
Goretti con militantes do BNG

Arroupará a candidata unha nutrida representación do tecido asociativo, veciñal, artístico, cultural, sindical e social de Compostela

Goretti Sanmartín presenta o proxecto do BNG para Santiago nunha cea con 500 persoas  

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018.- O BNG organiza un acto-cea este venres 30 de novembro coa participación de arredor de 500 persoas que marcará o punto de saída da presentación do proxecto nacionalista para Santiago de Compostela que encabeza a portavoz municipal e candidata á Alcaldía, Goretti Sanmartín Rei.

Este evento, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións, contará coa asistencia de representantes do tecido asociativo, veciñal, artístico, cultural, sindical e social, ademais de numerosas persoas simpatizantes do BNG que arrouparán a presentación da candidata.

Ademais da intervención de Goretti Sanmartín, unha persoa con acreditada experiencia de xestión pública e política como vicepresidenta da Deputación da Coruña, a organización ten prevista unha actuación musical, a proxección de vídeos e algunha sorpresa para as persoas convidadas, co obxectivo de amenizar o acto.

Alí avanzará as liñas do programa para a recuperación de espazos públicos, revitalización do comercio local, patrimonio cultural, políticas de xustiza social, feminismo e identidade de Santiago de Compostela como capital de Galiza.