ORA

O alcalde non pode usar “os traballadores da ORA como escusa das prórrogas"

O BNG pregunta por que o Concello de Santiago non recorreu a sentenza do canon pola que “perdoa” 300.000 euros a Setex-Aparki

O alcalde non pode usar “os traballadores da ORA como escusa das prórrogas"

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017.- O portavoz do grupo municipal nacionalista en Raxoi, Rubén Cela, sinalou que o BNG sempre apostou pola municipalización da ORA e do guindastre, “mais as cousas hai que facelas ben”, ao tempo que agarda a decisión do alcalde para o vindeiro luns sobre a execución da sentenza xudicial.

Dende que en setembro de 2015 o Concello de Santiago recibiu a comunicación xudicial sobre a nulidade da adxudicación do contrato asinado con Setex Aparki, da ORA e do guindastre, por incumprir as condicións incluídas nos pregos de contratación, “o que debera facer Compostela Aberta sería executar a sentenza e non mesturala con algo como a remunicipalización do servizo, que non ten nada que ver”.

Para o BNG, a sentenza debíase executar retrotraendo á mesa de valoración coa exclusión de Setex Aparki en base á sentenza que demostra que incumpría o prego e facer unha proposta de adxudicación á seguinte e, “se o Goberno local non tiña claro o sentido da sentenza, debería pedir unha aclaración de sentenza, mais iso o Goberno municipal non o quixo facer”, explicou. “A cabezonería do Goberno municipal de Santiago de interpretar pola súa conta e risco que iniciando un proceso de municipalización daba cumprimento a unha sentenza xudicial pode custarlle á veciñanza moi caro”, sinalou.

Ao non facerse así, segundo explicou Rubén Cela, esta decisión do equipo de Martiño Noriega pode custarlle ás arcas municipais máis de 600.000 euros que pide a empresa de indemnización, por un servizo que non se prestou, ou que o xulgado lle conceda o servizo e, polo tanto, que non poida ser remunicipalizado ese servizo. “Peor non se pode facer”, advertiu.

Ademais, requiriu “que non se use os traballadores como escusa porque, en absoluto foi  o que motivou as prórrogas tendo en conta que o Goberno local tardou máis dun ano en reunirse con eles e que, se as cousas se fixesen ben, serían subrogados ou municipalizados a través de TUSSA”. Así, o comité de empresa recoñeceu que o Goberno local nunca se reuniu con eles para explicarlles o proceso de municipalización, até hai unhas semanas a petición do propio colectivo.

“Estamos de acordo co criterio do director da asesoría xurídica”, afirmou, “mais ese criterio de prudencia chega demasiado tarde”. Así, o BNG pregúntase por que non se lle contestou á segunda empresa adxudicataria sobre os termos de execución da sentenza, polo que tivo que acudir á vía xudicial a reclamar os seus intereses, e por que o Concello de Santiago non recorreu a sentenza do canon pola que “perdoa” 300.000 euros á actual empresa concesionaria.

O alcalde non pode usar “os traballadores da ORA como escusa das prórrogas"