PLENO

O BNG avoga pola reurbanización da rúa Betanzos “porque os parches de asfaltado son insuficientes”

BNG
BNG
É necesaria unha actuación integral para mellorar a seguranza viaria e a calidade de vida das persoas que residen na Almáciga
O BNG avoga pola reurbanización da rúa Betanzos “porque os parches de asfaltado son insuficientes”

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2021.- O grupo municipal do BNG considera “un parche” o asfaltado da rúa Betanzos, cando se precisa unha actuación máis completa de reurbanización desa área.

“No BNG recibimos queixas da veciñanza do barrio da Almáciga polas obras de alfaltado na rúa Betanzos, xa que é necesaria unha intervención moito maior que inclúa o acondicionamento de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e melloras na mobilidade para gañar seguranza viaria”, explicou Goretti Sanmartín.

Esta actuación debe estenderse ás demais rúas deste barrio, como a rúa do Pino, onde existen verdadeiros problemas de tránsito de vehículos ao ser de dobre dirección e só existir espazo para un carril.

Así, considera que é un dispendio de recursos municipais estar a parchear o asfalto en vez de buscar unha solución integral e duradeira para mellorar a seguranza viaria e a calidade de vida das persoas que residen neste barrio.

O BNG avoga pola reurbanización da rúa Betanzos “porque os parches de asfaltado son insuficientes”