O BNG convida a participar nun acto aberto sobre sanidade

sanidade.bng
Acto sanidade

Participan Goretti Sanmartín, María Xosé Suárez, María Xosé Abuín e Xosé Dios

O BNG convida a participar nun acto aberto sobre sanidade

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2018.- O BNG de Santiago organiza o acto informativo “Sanidade pública en perigo, defendámola” sobre a situación derivada dos recortes da Xunta. Será este martes 5 de febreiro ás 20:30 no Vide-Vide (rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)

No acto intervirán Goretti Sanmartín Rei, candidata do BNG á Alcaldía de Santiago; María Xosé Suárez, candidata á Alcaldía de Outes; María Xosé Abuín, secretaria de CIG Saúde; e Xosé Mª Dios Diz, médico de atención primaria e voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela.

Os problemas derivados dos recortes da Xunta durante os últimos anos afectan a toda a sanidade pública galega en canto a longas listas de agarda, material insuficiente e obsoleto, precariedade laboral, plantas pechadas e doentes nos corredores de Urxencias. Por estes motivos, o persoal sanitario estase a mobilizar de xeito continuado nos hospitais, PAC, central de chamadas do 061, ambulatorios e ambulancias que levan anos sen convenio, aos que se suma a Asociación de pacientes e usuarios/as do CHUS.

Ademais, o BNG apoia a convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública que sae este domingo 10 de febreiro ás 12:00 da alameda de Santiago de Compostela.

O BNG convida a participar nun acto aberto sobre sanidade