PROTECCIÓN ANIMAL

O BNG demanda que o Concello sinalice as colonias controladas de gatos para sensibilizar do labor de colectivos de protección animal

Sofren ataques de cans que soltan os/as propietarios/as nas inmediacións

O BNG demanda que o Concello sinalice as colonias controladas de gatos para sensibilizar do labor de colectivos de protección animal

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017.- O grupo municipal do BNG rexistrou un rogo para que o Concello de Santiago sinalice as colonias de gatos e gatas co fin de dar a coñecer, axudar a concienciar e informar a veciñanza do labor alí realizado e evitar, dese xeito, ataques de cans que están a padecer.

En Santiago de Compostela existen diversas colonias de gatos controladas, con animais alimentados, castrados e que viven en casetas realizadas por colectivos de protección de animal. Dende hai tempo, nalgunhas delas, nomeadamente nas de Santa Marta e de Belvís, as gatiñas e gatiños que viven alí están sufrindo ataques de cans. Algunhas veces por simple desleixo dos/as donos/as, que os soltan sen ter coidado do que poidan facer, e noutras porque os instigan a perseguiren os felinos.

As coidadoras das colonias advirten de que cando os cans se achegan á comida, ademais de deixaren os gatos sen alimento, asustan os felinos e moitos deles acaban abandonando as colonias.

Deste xeito, o BNG leva unha iniciativa ao vindeiro Pleno co obxectivo de instalar cartaces informativos sobre as colonias controladas, para prohibir o acceso a cans e demandar o respecto necesario para que os gatos e gatas que alí viven poidan ter seguridade, ademais de informar e de axudar a concienciar a veciñanza.

O BNG demanda que o Concello sinalice as colonias controladas de gatos para sensibilizar do labor de colectivos de protección animal