MEDIO AMBIENTE
O BNG lembra no Día Mundial da Educación Ambiental a necesidade de mellorar o prego do Centro de Interpretación Ambiental de Belvís
O prezo non dá para cumprir as horas e o convenio colectivo
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018.- O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, sinalou no Día Mundial da Educación Ambiental, que resulta inconcibíbel que o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) siga sen contrato.
Volveu advertir, ademais, que nos pregos de contratación non se esixa proxecto de educación ambiental nin cualificación específica para o persoal, pois o prezo de 21.310 euros anuais é insuficiente para manter con criterios de profesionalidade e de calidade este servizo que recibe milleiros de visitas cada ano. Así, o prezo de licitación resulta insuficiente para cumprir as horas e o convenio colectivo.
Este Centro de Interpretación Ambiental ofrece información sobre Santiago como unha cidade que procura a sustentabilidade e o compromiso coa conservación da biodiversidade.