ENSINO

O BNG lembra que a Escola de Música leva 16 meses sen contrato municipal

O Pleno aprobou en maio de 2018 a municipalización deste servizo, que xa foi de xestión directa pois naceu con profesionais da banda municipal

O BNG lembra que a Escola de Música leva 16 meses sen contrato municipal

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019.- O BNG de Santiago de Compostela lémbralle ao alcalde Martiño Noriega que mantén en situación irregular a Escola Municipal de Música, pois este servizo carece de contrato desde novembro de 2017.

Para o BNG, a solución ao conflito da Escola de Música pasa pola municipalización do servizo para continuar co profesorado e co proxecto educativo, como está aprobado polo Pleno en maio de 2018. Daquela acordouse iniciar os procedementos e asumir a xestión directa co fin de ofrecer un servizo público de calidade que atenda os principios de equidade social e rendibilidade.

Ademais, Goretti Sanmartín explicou que este servizo xa foi de xestión directa pois naceu con profesionais da banda municipal e o Concello tan só tería que se facer cargo do persoal e do mantemento, pois xa se presta en instalacións públicas.

Este é un dos diversos servizos que o Goberno de Compostela Aberta mantén sen contrato, a tónica continuada deste mandato de Compostela Aberta por mor da falta de planificación, da demora, dos erros administrativos e de xestión ordinaria municipal.

 

O BNG lembra que a Escola de Música leva 16 meses sen contrato municipal