O BNG pregunta pola promesa electoral de Compostela Aberta para crear o Rexistro Único para Empresas
Durante todos estes meses non houbo ningún avance nesta medida que compartimos, explica Rubén Cela
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2016.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, demanda información da medida lanzada en campaña electoral por Compostela Aberta sobre a creación dun Rexistro Único para Empresas.
Recordou que María Rozas prometeu en campaña electoral un Rexistro Único para Empresas, unha oficina onde facer os trámites de xeito centralizado para calquera persoa que quixera montar unha empresa en Santiago con asesoramento e acompañamento neste proceso de constitución e desenvolvemento.
Polo que coñecemos, durante todos estes meses non houbo ningún avance nesta medida que compartimos e imos formular unhas preguntas para saber cales son as previsións do Goberno local e se ten realizado algún traballo nese sentido que descoñezamos os membros da Corporación municipal, indicou Rubén Cela.