O BNG pregúntalle ao alcalde pola autorización dunha antena de telefonía instalada en Angrois
Na cidade permanecen algunhas deste tipo pese ás ordes de derrubo
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2015.- O grupo municipal do BNG de Santiago rexistrou unha pregunta dirixida ao alcalde para saber se ten coñecemento da instalación dunha nova torre de antenas de telefonía que está a provocar preocupación na veciñanza de Angrois.
En concreto, o portavoz do grupo nacionalista, Rubén Cela, recibiu queixas da veciñanza pola falta de información e quere saber se esta torre de telecomunicacións na rúa da Penalada se adecúa á normativa e se conta coa licenza municipal, xa que na cidade permanecen instaladas algunhas deste tipo que mesmo contan con ordes de derrubo.
De non contar coa preceptiva autorización municipal, o BNG require a paralización da instalación desta antena de telefonía e apoiará as reivindicacións da veciñanza.