PLENO

O BNG propón que se iluminen os accesos ao hospital de Conxo

conxo01
Aparcadoiro sen iluminación

A zona de aparcadoiro ten auga empozada que require a súa canalización

O BNG propón que se iluminen os accesos ao hospital de Conxo

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017.- O grupo municipal do BNG levará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para que se procedan a iluminar os accesos ao hospital de Conxo e a recoller o material das obras de arranxo de beirarrúas que xa remataron.

Diversas queixas de persoas usuarias deste centro sanitario dan conta que as farolas tanto da explanada do aparcadoiro frontal como da subida cara ao hospital, a carón do helicóptero, non están acesas. A falta de visibilidade supón un problema de seguranza, pois está todo a escuras dende media tarde e durante a noite e, pese a que remataron as obras realizadas ao abeiro doutra iniciativa anterior do BNG, seguen varios valados instalados e diverso material en sacos de entullo que dificultan o paso e entrañan un perigo cando está todo escuro.

Outra das queixas vai referida ás lagoas de auga que queda estancada na zona de aparcadoiro, para o que cómpre a debida canalización co fin de permitir o acceso aos vehículos sen ter que mollarse.

O BNG propón que se iluminen os accesos ao hospital de Conxo