PLENO

O BNG reclama a ampliación dos parques infantís do Castiñeiriño, cunha poboación crecente e sen espazos de xogo

Demandará no Pleno que se axilice a contratación do parque cuberto, dos Orzamentos de 2017, para poder usalo durante o inverno

O BNG reclama a ampliación dos parques infantís do Castiñeiriño, cunha poboación crecente e sen espazos de xogo

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2018.- O grupo municipal do BNG traslada ao Pleno a petición veciñal da ampliación dos parques infantís do barrio do Castiñeiriño, cunha poboación crecente, para atender a demanda de espazos de lecer. Reclama, ademais, que se axilice a contratación do parque cuberto para poder usalo durante o inverno.

O grupo municipal do BNG é coñecedor das propostas da veciñanza do Castiñeiriño para ampliar os parques infantís e os elementos de xogo, xa trasladadas en 2013 ao daquela alcalde Ángel Currás, en 2014 a Agustín Hernández e desde 2015 a Martiño Noriega.

Segundo explica a veciñanza, na actualidade hai neste barrio sobre 500 nenos e nenas censadas nas novas zonas urbanizadas que tan só dispoñen de 4 ou 8 elementos de xogo por parque, polo que as familias se ven na obriga de levalos ao Ensanche ou a outras zonas da cidade para gozaren do tempo de lecer.

Lembran tamén o compromiso de instalar a cuberta nun dos parques, consignado nos Orzamentos participativos de 2017, que aínda está por realizar.

O BNG reclama a ampliación dos parques infantís do Castiñeiriño, cunha poboación crecente e sen espazos de xogo