CAFETARÍAS

O BNG reclama axilizar a apertura das cafetarías do Auditorio de Galiza e da Granxa do Xesto

Recibiu queixas da veciñanza por estes servizos públicos que permanecen pechados por mala xestión de Compostela Aberta

O BNG reclama axilizar a apertura das cafetarías do Auditorio de Galiza e da Granxa do Xesto

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017.- O grupo municipal do BNG, en reiteradas ocasións, demandou que se axilizase a solución para restabelecer o servizo público de cafetaría e de restauración no Auditorio de Galiza e da Granxa do Xesto.

Despois de dous anos de peche da cafetaría do Auditorio, o BNG recibiu novas queixas da veciñanza de Compostela para reclamar a súa reapertura, para darlle servizo ás persoas que visitan este espazo cultural.

Na mesma situación atópase a cafetaría da Granxa do Xesto que pechou as súas portas o 16 de outubro de 2016 despois de 12 anos ofrecendo o servizo de cafetería e de acceso a baños, posto que é unha zona de lecer concorrida, sobre todo, por familias con crianzas.

Deste xeito, o BNG formuloulle ao Goberno local diversas preguntas para coñecer se realmente están en proceso de redacción os pregos de condicións das concesións de ambas as dúas cafeterías, cal é a previsión para os facer públicos e saber se a do parque da Granxa do Xesto estará aberta na vindeira primavera.

O BNG reclama axilizar a apertura das cafetarías do Auditorio de Galiza e da Granxa do Xesto