O BNG reclama que se intensifiquen os labores de recollida de follas de árbores

Acumulación de follas
Acumulación de follas
Goretti Sanmartín insta o alcalde a controlar o servizo e o número de máquinas varredoras operativas, que deberían estar en pleno rendemento nesta tempada de outono e coa previsión de chegada de ventos fortes e borrascas
O BNG reclama que se intensifiquen os labores de recollida de follas de árbores

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclámalle ao alcalde que intensifique os labores de recollida de follas de árbores nestes días de temporal que invaden numerosas beirarrúas e estradas, ademais de atascar os desaugues.

O BNG insta o alcalde a controlar o servizo e o número de máquinas varredoras operativas, que deberían estar en pleno rendemento nesta tempada de outono e coa previsión de chegada de ventos fortes e borrascas. Son numerosas as zonas urbanas que padecen a falta de limpeza de follas e ramallos, segundo as queixas recibidas na oficina do BNG.

Ademais, esta acumulación de follas pode causar accidentes e caídas de persoas que transitan a pé ou van en bicicleta e supor un problema de seguranza viaria, advirte Goretti Sanmartín.

Esta materia orgánica que se acumula arredor dos sumidoiros impide a recollida de augas pluviais coa consecuente formación de pozas e balsas de auga nas estradas, que se pode previr cunha adecuada planificación do traballo da empresa concesionaria, co persoal asignado e coas máquinas de recollida se funcionasen correctamente nesta tempada cando é máis preciso que estean operativas e a pleno rendemento, explicou.

O BNG reclama que se intensifiquen os labores de recollida de follas de árbores