CIDADE HISTÓRICA

O BNG reclama a supervisión dos cables nas fachadas da Cidade Histórica que poden entrañar perigo para a veciñanza

cables
Cables nas fachadas

O soterramento dos fíos da luz e de telefonía na zona vella é unha actuación que non admite máis demora

O BNG reclama a supervisión dos cables nas fachadas da Cidade Histórica que poden entrañar perigo para a veciñanza

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2017.- O grupo municipal do BNG de Santiago reclamoulle ao alcalde Martiño Noriega que inste ás operadoras de servizos básicos de electricidade e telefonía a supervisaren os cables de subministración da Cidade Histórica pois, ademais de afear o conxunto monumental, poden representar un perigo para a veciñanza.

Para o BNG, o soterramento dos cables da luz e de telefonía nas fachadas da zona vella debera ser unha actuación que non admite máis demora pois xa en 2011 o Consorcio da Cidade creou unha comisión para elaborar un plan director para a xestión integral das infraestruturas e servizos enerxéticos da Cidade Histórica, co fin de realizar este labor.

Entre as funcións desta comisión había tamén accións como a definición de normas e requirimentos que deben cumprir as operadoras de servizos básicos e telecomunicacións neste ámbito de protección urbanística.

O BNG reclama a supervisión dos cables nas fachadas da Cidade Histórica que poden entrañar perigo para a veciñanza