ELECCIÓNS

O BNG reúnese coa directiva de Santiago Centro para coñecer as propostas do seu plan estratéxico para impulsar o comercio local

reu.santiago.centro
Reunión con Santiago Centro

Avanzaron oportunidades e propostas concretas de actuación na zona do Ensanche para incluír no programa

O BNG reúnese coa directiva de Santiago Centro para coñecer as propostas do seu plan estratéxico para impulsar o comercio local

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2019.- Goretti Sanmartín, acompañada de Navia Rivas, Lois Calvelo e Xosé Quintáns, da candidatura do BNG, mantiveron un encontro coa directiva de Santiago Centro para coñeceren de primeira man as súas propostas para impulsar o comercio local recollidas no plan estratéxico de comercio.

Deste xeito, avanzaron oportunidades e propostas concretas de actuación no Ensanche en ámbitos como o comercio, urbanismo e turismo, ademais de intercambiaren medidas para  o programa.

Na reunión, recibiron información da análise realizada no documento ‘Nova Estratexia Comercial para o Ensanche’, elaborada nos últimos meses a partir de diversas mesas de debate coa participación de expertos en urbanismo, turismo, comercio e hostalaría; ademais de informes da USC e de persoal técnico experto en distintas áreas.

Esta reunión enmárcase nos encontros do BNG co asociacionismo compostelán para presentar o primeiro tramo da candidatura e intercambiar ideas e propostas para o programa electoral.

O BNG reúnese coa directiva de Santiago Centro para coñecer as propostas do seu plan estratéxico para impulsar o comercio local