DEPURADORA

O BNG rexistra no Congreso unha iniciativa para reclamarlle ao Goberno do Estado que asuma parte do financiamento da depuradora

Néstor Rego
Néstor Rego
O convenio prevé que se repercuta o custo da obra ao conxunto da veciñanza a través de taxas e impostos
O BNG rexistra no Congreso unha iniciativa para reclamarlle ao Goberno do Estado que asuma parte do financiamento da depuradora

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020.- O BNG realizou unha pregunta no Congreso, a través do deputado Néstor Rego, para saber se o Ministerio de Transición Ecolóxica vai asumir o custo do financiamento da estación depuradora de Santiago, ao estar considerada de interese xeral, no caso de que a consignación dos fondos europeos non sexa posíbel polo atraso na tramitación.

No convenio enviado pola Sociedade Estatal Augas das Concas de España (ACUAES) enviado á Xunta de Galiza e ao Concello de Santiago Compostela explicítase que o Ministerio para a Transición Ecolóxica non confirmou ningunha asignación nos fondos europeos que administra con esta finalidade. Ademais diso, estabelece que o custo do investido por ACUAES deberá ser devolto polo Concello de Santiago nos seguintes 25 anos, a contar desde que se inicie a explotación da obra. Deste xeito, prevé que se repercuta ao conxunto da veciñanza a través de taxas e impostos o custo da obra.

En gran medida, o atraso na tramitación debeuse a un cambio no emprazamento da estación depuradora, á que se intentou darlle unha localización distinta á actual por parte do Goberno municipal do PP en 2011 e á falta de axilidade de CA que mantivo durante case tres anos ese emprazamento. Este cambio foi aceptado sen reservas polo propio Ministerio, que podendo paralizar o traslado desta infraestrutura, considerou adecuada a proposta. Así, o Ministerio para a Transición Ecolóxica debe facerse corresponsábel no financiamento, pois é tamén responsábel da demora que provocou a posíbel perda dos fondos europeos previstos para acometer esta obra.

Deste xeito, o deputado Néstor Rego, rexistrou unha pregunta para saber o Ministerio para a Transición Ecolóxica vai cumprir co compromiso adquirido coa Xunta de Galiza e co propio Concello de Santiago de Compostela para facilitar os fondos europeos previstos para o financiamento da estación depuradora de augas residuais.

Ademais, quere saber cales son os motivos para o cambio de criterio por parte do Ministerio e por que non se incluíu esta obra declarada de interese xeral no programa europeo para esta finalidade do período 2014-2020.

Outra das preguntas vai destinada a coñecer se o Ministerio valora a inclusión no próximo período do programa 2021-2027 para conseguir así, finalmente, ese financiamento necesario para realizar esta infraestrutura que permitirá conseguir as condicións de vertedura que esixe a normativa vixente e resolver os problemas de capacidade hidráulica da actual depuradora.

O BNG rexistra no Congreso unha iniciativa para reclamarlle ao Goberno do Estado que asuma parte do financiamento da depuradora