VERTEDOIRO
O BNG seguirá a reivindicar que cese o dano ambiental producido no vertedoiro de Miramontes
O anuncio das sancións dálle a razón á plataforma de Grixoa e ao BNG, que trasladou esta iniciativa ao Concello e parlamentos galego e europeo
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018.- O BNG destaca que o anuncio de sancións ao vertedoiro de Miramontes relacionadas por infraccións no tratamento de residuos e irregularidades foi froito da presión que levan denunciando tanto a Plataforma de Afectados polo Vertedoiro como o propio o BNG, tanto no Concello, como no Parlamento galego e europeo, do que aínda está en trámite.
“Esta é unha loita que temos que continuar porque o complexo ambiental de Miramontes ten que recoñecer publicamente estas irregularidades e modificar os procesos para non continuar a producir estes danos ambientais tan graves para o conxunto da poboación”, explicou a concelleira Goretti Sanmartín en rolda de prensa.