ENSINO
O BNG sinala, ao inicio do curso, que a Xunta debe asumir a xestión dos comedores escolares
A escola infantil de Salgueiriños segue sen contrato, advirte Rubén Cela
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017.- O portavoz do BNG de Santiago, Rubén Cela, destacou que o alcalde puido aproveitar o encontro co conselleiro de Educación no acto de inicio de curso escolar para lle reclamar que a Xunta asuma a xestión dos comedores escolares.
Deste xeito, Rubén Cela lembrou que a competencia dos comedores escolares é da Xunta, “que está a eludir as súas funcións de xeito indefinido, cando Martiño Noriega podía esixirlle que contraese a xestión que tantos problemas lle ten ocasionado a este Goberno de Compostela Aberta”.
Recordou tamén o portavoz nacionalista en Raxoi que a escola infantil de Salgueiriños, investigada na operación Pokemon, segue sen contrato dende o mes de abril de 2017 “e nin sequera está anunciada a nova licitación”, o que dista dun modelo de xestión transparente e responsábel cos recursos públicos.