XUÍZO
O BNG transmite a súa solidariedade á ecoloxista Isabelle Kerdudo
Un numeroso grupo de persoas arroupou a voluntaria xulgada en Fontiñas
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017.- O Consello local do BNG de Santiago acordou transmitirlle o apoio e solidariedade á compañeira Isabelle Kerdudo, ecoloxista xulgada esta mañá en Fontiñas por participar nunha reunión do Refuxio de Bando como voluntaria da protectora de animais e membro do Padroado de ADEGA.
A voluntaria está acusada pola ex-directora do Refuxio de Bando, Paloma Aguirre, de danos e prexuízos do dereito ao honor, por participar na reunión en que a entidade acordou resolver o seu contrato. Nesa xuntanza decidiuse desestimar o contrato cunha indemnización de 44.000 euros e cun preaviso de tres meses, por perda de confianza, de acordo cun informe técnico.
Isabelle Kerdudo destaca polo seu traballo de voluntariado na protección de animais, compromiso coa protección da natureza e a defensa do país.