PLENO

O BNG traslada ao Pleno a reclamación de 170 persoas usuarias de autobús para mellorar a frecuencia de liñas na ruta da Volta do Castro

Na mesma iniciativa demándase información sobre o novo mapa de rutas dos autobuses urbanos

O BNG traslada ao Pleno a reclamación de 170 persoas usuarias de autobús para mellorar a frecuencia de liñas na ruta da Volta do Castro

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019.- O grupo municipal do BNG recibiu queixas sobre a reducida e inestábel frecuencia de transporte público na zona de Castro de Abaixo, na rúa de Volta do Castro por onde, segundo explican, só un autobús (a liña P2) pasa pola parada situada fronte ao Eroski.

De feito, un grupo de persoas afectadas por este mal funcionamento presentaron 171 sinaturas no Rexistro municipal para apoiar esta demanda de maior frecuencia de autobuses no barrio de Santa Marta e na ruta da Volta de Castro. Nos últimos anos produciuse un crecemento da poboación de Santa Marta, mais iso non foi acorde ás dotacións necesarias para mellorar a mobilidade nin ao incremento de frecuencia de transporte público para atender a demanda das persoas que residen na actualidade. 

Deste xeito, o BNG presentará unha iniciativa no Pleno ordinario de decembro para solucionar esta deficiencia detectada no transporte público co fin de incrementar a frecuencia de paso dos autobuses por Volta do Castro e de mellorar a mobilidade no barrio de Santa Marta.

Na mesma iniciativa, demándase información sobre o novo mapa de rutas dos autobuses urbanos, xa que existe preocupación en diversos barrios e parroquias sobre a nova proposta de reforma das frecuencias e das liñas. Así, o BNG fará seguimento para que se atendan estas peticións veciñais para mellorar o transporte público.

O BNG traslada ao Pleno a reclamación de 170 persoas usuarias de autobús para mellorar a frecuencia de liñas na ruta da Volta do Castro