PLENO

Crónica das iniciativas do BNG no Pleno de outubro

Pazo de Raxoi
pazo.raxoi

Aprobouse unha moción para eliminar as reválidas e derrogar a LOMCE

Crónica das iniciativas do BNG no Pleno de outubro

Aprobada por unanimidade unha moción do BNG para que nos orzamentos 2017 se inclúa un plan de seguridade viaria nos centros de ensino

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016.- O BNG defendeu no Pleno unha iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, para incluír nos Orzamentos de 2017 a elaboración e posta en funcionamento dun plan destinado a incrementar a seguridade viaria na contorna dos centros de ensino, en colaboración coa federación de ANPAs e dirección de centros de ensino. Ademais de fomentar a autonomía das crianzas e hábitos saudábeis de desprazarse a pé, quere que sirva para desconxestionar tráfico e permitir o paso de peóns por beirarrúas que se atopan colapsadas de vehículos en horarios de entrada e saída dos centros escolares.

Trasladou tamén unha moción para eliminar as reválidas e derrogar a LOMCE, ademais de instar á Xunta a defender as nosas competencias para fortalecer un ensino público, galego e de calidade que fomente a lingua propia do noso país. Foi aprobada cos votos de BNG, CA e PSOE.

Outra das mocións da formación nacionalista foi destinada a estender de xeito inmediato a compostaxe caseira e comunitaria a todas as parroquias e barrios e para promover a construción dunha planta de compostaxe propia para a cidade. Foi aprobada por unanimidade.

Mediante un rogo reclamou axilizar a elaboración do plan director para o parque da Alameda, co fin de realizar de forma urxente as operacións de mantemento e de conservación que precisa este espazo. Os usos aos que está sometido o parque como tráfico rodado, alumeado, festas, exposicións e eventos causan efectos negativos no arborado, pavimento, vexetación, instalacións e demais patrimonio, por iso é necesario mellorar este espazo.

O BNG presentou, ademais, catro preguntas nesta sesión plenaria para requirir información do labor do Goberno local. 

Crónica das iniciativas do BNG no Pleno de outubro