CIDADE HISTÓRICA

Goretti Sanmartín garántelle á asociación “Casco Histórico” o apoio do BNG para crear un novo centro sociocultural nesta zona

asoc.casco.historico
Encontro do BNG coa directiva da asociación "Casco Histórico"

O BNG reclama maior limpeza de rúas, iluminación e dotación de servizos básicos como fibra óptica

Goretti Sanmartín garántelle á asociación “Casco Histórico” o apoio do BNG para crear un novo centro sociocultural nesta zona

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019.- O grupo municipal do BNG mantivo unha reunión coa directiva da asociación “Casco Histórico” para coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza no relativo á mellora de servizos municipais e dinamización cultural. Neste sentido, Goretti Sanmartín garantiulles o apoio do BNG para crear un novo centro sociocultural na Cidade Histórica.

Segundo explicou a portavoz municipal, Goretti Sanmartín, no encontro expuxeron as propostas de alegacións da ORA e outras inquedanzas para mellorar a calidade de vida das persoas que residen na Cidade Histórica, relativas á falta de limpeza de rúas, iluminación e dotación de servizos básicos como fibra óptica.

Deste xeito, o BNG ofreceu o seu compromiso para apoiar as propostas de mellora dos servizos municipais co obxectivo de favorecer a recuperación de poboación nesta zona, ademais de garantirlles que promoverán as xestións necesarias para a creación dun novo centro sociocultural na Cidade Histórica para contribuír a dinamizar a actividade veciñal, que estaba previsto por parte do Goberno municipal mais non chegou a realizarse.

Goretti Sanmartín garántelle á asociación “Casco Histórico” o apoio do BNG para crear un novo centro sociocultural nesta zona