XULGADOS

Goretti Sanmartín insta a reconsiderar a decisión de deixar sen novo Xulgado do Social a Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín
goretti0003

Considera que o Goberno do Estado volve marxinar a capital galega

Goretti Sanmartín insta a reconsiderar a decisión de deixar sen novo Xulgado do Social a Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, expresou a súa desconformidade “coa nova marxinación que sofre Santiago de Compostela por non contar coa asignación dun novo xulgado do Social, ademais da necesidade de reclamar novas salas de Familia, Contencioso-Administrativo e de Violencia de Xénero ante o incremento de denuncias neste ámbito”. Deste xeito, instou ao Goberno do Estado a reconsiderar esta decisión de deixar sen nova sala do Xulgado do Social a Santiago de Compostela.

Na asignación de novas salas producida en novembro de 2016, a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordaran crear cinco novas salas xudiciais en 2017, nun reparto, xa daquela, discriminatorio con Santiago de Compostela que non estaba avalado por criterios obxectivos e obviaba o colapso histórico existente. “Tres anos despois a situación agravouse e faise aínda máis necesaria esta dotación”, explicou.

Para o BNG, nun contexto económico como o actual, a Administración do Estado debera ser sensíbel para dotar dun novo xulgado do Social a capital de Galiza.

Goretti Sanmartín insta a reconsiderar a decisión de deixar sen novo Xulgado do Social a Santiago de Compostela