TURISMO

Goretti Sanmartín reclama que se sinalice mellor a área de caravanas

pelamios.autocaravanas.01
Autocaravanas en Pelamios

A proliferación destes vehículos turísticos en zonas sen servizos habilitados provoca malestar entre a veciñanza

Goretti Sanmartín reclama que se sinalice mellor a área de caravanas

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018.- A portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, reclámalle ao Goberno de Martiño Noriega que se publicite e sinalice mellor a área de autocaravanas de Salgueiriños para reducir o elevado número das que estacionan en determinados puntos da cidade.

O grupo municipal do BNG formuloulle unha pregunta ao equipo de Goberno de Compostela Aberta para saber se realizan un control das autocaravanas que ocupan espazos de estacionamento sen servizos habilitados para esta modalidade de turismo. Na iniciativa demanda tamén que se lles ofreza información da área de autocaravanas existente para a súa maior comodidade, ademais de servir para evitar a proliferación destes vehículos en determinados espazos públicos como no barrio de Pelamios, onde están a causar preocupación e malestar entre a veciñanza.

O parque destinado a autocaravanas de Salgueiriños está dotado de servizos como baleirado do depósito de augas grises e augas negras, ademais das instalacións adecuadas para encher o depósito de auga potable con facilidade. Ten unha tarifa de acceso de 3,5 euros e dispón de 100 prazas para autocaravanas, ademais de contar nos arredores con diversos estabelecementos de hostalaría, farmacia, lavandería e estacións de servizo.

Goretti Sanmartín reclama que se sinalice mellor a área de caravanas