ELECCIÓNS

Goretti Sanmartín reúnese coa veciñanza de Vista Alegre que reclama melloras de urbanización e servizos básicos no barrio

IMG-20190314-WA0010
Reunión coa asociación veciñal

“De pouco serve facer obras se logo non se supervisan e presentan problemas de accesibilidade e de seguranza, ademais da falta de mantemento municipal”, explica a candidata do BNG

Goretti Sanmartín reúnese coa veciñanza de Vista Alegre que reclama melloras de urbanización e servizos básicos no barrio

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019.- A candidata á Alcaldía do BNG, Goretti Sanmartín, e o número 3 da lista, Lois Calvelo, mantiveron unha reunión coa asociación Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre para coñecer as súas propostas para incluír no programa electoral, ademais doutras relativas á urbanización do barrio para instar a resolver con carácter urxente.

Entre outros temas que trataron, está a necesidade de corrixir problemas de accesibilidade nas beirarrúas, que non contan con rebaixes ou rampas nalgúns tramos de escaleiras; as varandas mal colocadas en desniveis da rúa que supoñen risco de caída. A iso súmase a falta de colectores para a recollida selectiva de papel, o estado deteriorado dos colectores verdes de lixo que non dispoñen de tapas e desprenden mal olor, ademais de que os novos colectores soterrados están inoperativos. Outra das demandas é relativa a solucionar o mal estado cableado aéreo polas fachadas, con caixas abertas amarradas ás ventanas que entrañan perigo.

Neste sentido, o BNG reclámalle ao Goberno de Compostela Aberta que realice unha supervisión destas obras de urbanización para mellorar accesibilidade e seguranza, ademais de xestionar coa concesionaria de limpeza e recollida de lixo para poñer en funcionamento os colectores instalados e reparar os antigos. Tamén urxe contactar coas operadoras de telefonía para que arranxen o cableado mal instalado e que incumpre a normativa.

Para o BNG, o barrio de Vista Alegre necesita máis dedicación por parte do Concello de Santiago, pois de pouco serve facer obras se logo non se supervisan e presentan problemas de accesibilidade e seguranza, ademais da falta de mantemento municipal de servizos básicos.

Goretti Sanmartín reúnese coa veciñanza de Vista Alegre que reclama melloras de urbanización e servizos básicos no barrio