PLENO

Goretti Sanmartín traslada unha emenda á proposta da Alcaldía para incluír nomes de mulleres no rueiro compostelán

"Trátase dunha reivindicación que defendeu o BNG varias veces en Pleno e que non se levou á práctica", explicou

Goretti Sanmartín traslada unha emenda á proposta da Alcaldía para incluír nomes de mulleres no rueiro compostelán

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018.- O BNG introducirá unha emenda á proposta da Alcaldía de Compostela Aberta que levará ao Pleno de xullo en relación cos títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago para 2018 para incluír nomes de mulleres nas rúas de Santiago, "unha reivindicación que vimos defendendo desde hai tempo e que aínda non se levou á práctica", explicou Goretti Sanmartín Rei.

"Para alén da denominacion de Parque Begoña Caamaño para o parque das Fontiñas, queremos que as rúas se Compostela incorporen nomes como os de Rosa Bassave, Concha Castroviejo, Elena Marcu, María Tobío, Mari Luz Morales, Pepa Noia e as Nais da Praza de Maio", indicou.

Goretti Sanmartín traslada unha emenda á proposta da Alcaldía para incluír nomes de mulleres no rueiro compostelán