Navia Rivas atribúe á presión social que a Xunta retirase o plan para converter as universidades en centros de ensino on line

Facultades
Facultades
Para o BNG, non se pode aproveitar esta situación excepcional derivada do coronavirus para facer virtual o modelo dun sistema universitario centenario como o da USC, onde a relación directa entre as persoas enriquece a transmisión do coñecemento
Navia Rivas atribúe á presión social que a Xunta retirase o plan para converter as universidades en centros de ensino on line

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020.- A concelleira do BNG Navia Rivas atribúe á presión social da comunidade universitaria que a Xunta retirase o borrador sobre o Sistema Universitario de Galicia (SUG), que pretendía instaurar unha docencia mixta para incrementar as aulas virtuais en detrimento das presenciais a cargo dunha entidade privada como é a Federación Empresa – Universidade galega (FEUGA) e unha consultora privada.

“Para o estudantado é unha vitoria que a Xunta recuase nesta decisión que ía empeorar a calidade do ensino ao abeiro das medidas adoptadas durante o Estado de Alarma, cun modelo que non funcionou ben segundo recoñecen a maioría do profesorado e alumnado”, sinalou.

Para o BNG, non se pode aproveitar esta situación excepcional derivada do coronavirus para substituír e facer virtual o modelo de aulas e laboratorios presenciais que é o propio dun sistema universitario centenario como o da USC, onde a relación directa entre as persoas enriquece a transmisión do coñecemento.

Así, destacou que moitos dos problemas suscitados durante o período de confinamento para seguir o curso académico viñeron derivados da lenta conexión a internet que existe en moitos lugares de Santiago e de Galiza, sobre todo fóra das áreas máis urbanizadas, á parte da falta de tempo para adaptar os materiais ao ensino telemático.

Este plan da Xunta tamén contou co rexeitamento das reitorías, que son contrarias a transformar as universidades galegas en centros de ensino on line e cun proxecto encargado a entidades privadas, que vai en detrimento da docencia pública e universal.

Do mesmo xeito, para a Asemblea de Investigadores/as a proposta da Xunta constituía un agravio ao sistema público universitario galego ao fomentar a desigualdade no acceso á rede e compra de equipos informáticos, o que representa un ataque ao principio de equidade educativa ao incrementar a fenda dixital.




 




 

Navia Rivas atribúe á presión social que a Xunta retirase o plan para converter as universidades en centros de ensino on line