ELECCIÓNS
Pilar Lueiro
Vai no número 4 da candidatura do BNG ás eleccións municipais de 2019 de Santiago de Compostela
Nacín en Santiago de Compostela, en 1975. Vivo no barrio de Sar. Traballei de dependenta, técnica de comercio rural, administrativa do grupo municipal do BNG no Concello de Santiago e na actualidade son profesora de ensino secundario no IES As Mariñas de Betanzos.
Son licenciada en Filoloxía Galega.
Milito no BNG dende hai 25 anos. Maniféstome feminista e independentista. Fun presidenta da Asociación Eu de Sar de Toda a Vida.
Teño un compromiso activo coa lingua do meu país, o galego. Non creo nos títulos en papel e si nas obras, nos feitos; creo no traballo en equipo e penso que é o camiño cara o éxito.
Entre as miñas paixóns atópanse as miñas sobriñas, pasear pola miña cidade, ler e viaxar.
Pilar Lueiro vai no número 4 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.