PARTICIPACIÓN

Remata 2017 e os consellos de participación de Educación e Servizos Sociais seguen sen constituírense dende que goberna CA

Quedan por convocar 10 dos 14 consellos de participación cidadá

Remata 2017 e os consellos de participación de Educación e Servizos Sociais seguen sen constituírense dende que goberna CA

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017.- O grupo municipal do BNG lémbralle ao Goberno local que debe constituír os consellos municipais de participación que aínda non se reactivaron dende que Noriega está na Alcaldía. Entre eles están o de Educación e Servizos Sociais, con numerosas actuacións que estes órganos podían informar, asesorar e contribuír facer máis transparente a xestión do Goberno local, dada a problemática xerada nesas áreas específicas.

No ano 1998, o Concello de Santiago aprobou un regulamento de participación cidadá e foi o BNG cando tiña responsabilidade de Goberno quen impulsou entre 1999 e o 2013 oito consellos de participación cidadá (relacións veciñais, económico e social, muller, mocidade, medio ambiente, normalización lingüística, educación e saúde), aos que entre 2013 e 2008 incorporou seis máis (servizos sociais, deportes, migración, cultura, centros socioculturais e maiores).

Deses 14 consellos de participación durante os catro anos que gobernou o PP só mantivo operativos o de relacións veciñais e o consello de servizos sociais, con carácter testemuñal. Os outros 12 non se chegaron a convocar nin unha soa vez.

De momento, dous anos e medio despois de entrar a gobernar Compostela Aberta só se constituíron o de saúde, relacións veciñais e medio ambiente e están pendentes de aprobar os regulamentos dos consellos municipais de educación, cooperación ao desenvolvemento ou da infancia.

Remata 2017 e os consellos de participación de Educación e Servizos Sociais seguen sen constituírense dende que goberna CA