TRÁMITES

O Rexistro do Ensanche leva 20 días pechado

rexistro
rexistro

O BNG, ante as queixas recibidas, reclámalle ao Goberno de Compostela Aberta que restitúa este servizo

O Rexistro do Ensanche leva 20 días pechado

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016.- O BNG pídelle explicacións ao Goberno de Compostela Aberta por manter pechado dende hai 20 días o Rexistro do Ensanche e desprazar a persoas usuarias ao situado en Galeras.

O grupo municipal nacionalista recibiu queixas desta situación que dificulta os trámites administrativos da veciñanza e máis cando no Centro Sociocultural do Ensanche informan de que non hai data de incorporación nin da posíbel substitución da persoa que desenvolve ese labor.

Deste xeito, o BNG reclámalle ao Goberno municipal que restitúa, de urxencia, este servizo de rexistro creado co obxectivo de descentralizar as prestacións da administración local, de facilitar os trámites e de aproximarse á veciñanza.

 

O Rexistro do Ensanche leva 20 días pechado