PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Rubén Cela lémbralle ao alcalde que o Concello de Santiago debe manter sen maleza as propiedades municipais

anexo.conservatorio
Propiedade municipal anexa ao Conservatorio

A parcela anexa ao Conservatorio Profesional de Música ten vexetación moi alta e mesta, que xa supera o valado e invade a beirarrúa

Rubén Cela lémbralle ao alcalde que o Concello de Santiago debe manter sen maleza as propiedades municipais

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017.- O portavoz nacionalista en Raxoi, Rubén Cela, lembroulle ao alcalde Martiño Noriega que debe manter en boas condicións as propiedades municipais para evitar a proliferación de vexetación que medra cando non se efectúan os procesos de rozado coa frecuencia adecuada, como no caso dunha leira situada a carón do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Deste xeito, o BNG trasladará unha iniciativa ao Pleno para que o Goberno local proceda, de urxencia, ao rozado da parcela municipal situada a carón do Conservatorio Profesional de Música, con vexetación moi alta e mesta, que xa supera o valado e invade a beirarrúa.

Esta parcela, xunto coa anexa xa usada como aparcadoiro, é precisamente un dos puntos que Rubén Cela conseguiu incluír na negociación dos Orzamentos 2017 e onde están pendentes de se iniciaren as obras para acondicionar este espazo e atender a demanda de prazas de estacionamento na zona.

Rubén Cela lémbralle ao alcalde que o Concello de Santiago debe manter sen maleza as propiedades municipais