ELECCIÓNS
Rubén Cela
Rubén Cela vai no número 25 das eleccións municipais de Santiago de Compostela.
03 maio 2019 - 03:06
Son licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballei no ámbito da consultaría privada. Son especialista en Dereito Tributario.
Milito no nacionalismo desde os 16 anos, nos Comités Abertos de Estudantes, nos Comités Abertos de Faculdade (CAF) e en Galiza Nova, da que fun secretario xeral. Ademais, fun director xeral de Xuventude da Xunta de Galiza e portavoz municipal do BNG no Concello de Santiago de 2011 a 2018. Na actualidade son concelleiro e responsábel de Relacións Internacionais na Executiva do BNG.