Acto para reclamar medidas contra a violencia machista
11 xuño 2016 - 19:23
O domingo ás 12:30 horas na praza 8 de marzo
O BNG - Nós Candidatura Galega convoca un acto este domingo 12 de xuño ás 12:30 horas na praza 8 de Marzo para derrubar un muro simbólico que representa as violencias que, a diario, sofren as mulleres. No acto estará Isabel Risco, actriz e candidata ao Congreso pola provincia da Coruña.
Este acto, que estaba xa previsto desde o comezo da campaña, coincide lamentabelmente coa tráxica noticia de atopar, no Monte Pedroso, o corpo sen vida de Lourdes González, a muller desaparecida en Santiago o pasado mércores.
Con esta actividade, o BNG - Nós Candidatura Galega quere manifestar con contundencia a repulsa ao feminicidio e reclamar medidas urxentes para acabar coa violencia machista.