28M

Alexandre Garrido López

Alexandre Garrido
Alexandre Garrido
Candidatura BNG 28M
Alexandre Garrido López

Presentámosvos ás persoas que integran a candidatura do BNG de Santiago de Compostela ás eleccións municipais de 2023

10. Alexandre Garrido López

Ten 31 anos e naceu na Estrada de onde se mudou a Compostela para estudar Bioloxía. Especializouse en microbioloxía clínica e dedicouse 4 anos á investigación en biomedicina entre Santiago, Praga e Copenhague. En 2017 volveu da emigración coa intención forxar un proxecto de vida no país, comezou o mestrado de Profesorado na USC e a carreira de Antropoloxía na UNED.

A súa vida militante comezou cando entrou en Galiza Nova con 16 anos e, desde aquela, formou parte activa do movemento estudantil, varias organizacións internacionalistas e outros movementos sociais. Está especialmente implicado no movemento LGBT+, participando na fundación de Avante LGBT+ no ano 2017 e ocupando a responsabilidade nacional de organización desde o 2018. Neste momento militancia e estudos converxen nun proxecto de doutoramento no cal investiga a reprodución da LGBTfobia no contexto educativo desde unha perspectiva antropolóxica. A raíz deste traballo púxose en contacto con outras investigadoras para no 2021 fundar a Rede Galega de Estudos Queer. Máis recentemente compatibiliza a súa carreira como investigador co seu traballo como consultor e formador en igualdade de xénero e LGBT+.

As súas inquedanzas políticas, sociais e intelectuais sempre foron máis alá da área de xénero e sexualidade, polo que no ano 2021 entrou en contacto con distintas pensadoras cunha perspectiva crítica e fundaron o Espaço Clara Corbelhe, un proxecto de creación de pensamento na área dos estudos emancipatorios galegos. Desde aquela forma parte do Consello de Redación da Revista Clara Corbelhe, a publicación propia do espazo que conta cun número monográfico en papel con periodicidade anual e con publicacións web cada dúas semanas.

Alexandre Garrido López