28M

Alfonso Zarauza

Alfonso Zarauza
Alfonso Zarauza
Candidatura BNG 28M
Alfonso Zarauza
Presentámosvos ás persoas que integran a candidatura do BNG de Santiago de Compostela ás eleccións municipais de 2023

25. Allfonso Vilas Zarauza, máis coñecido polo seu nome artístico de Alfonso Zarauza. 

Naceu no ano 1973 en Compostela. Residente durante toda a súa infancia e xuventude no barrio de Sar, estudou a EXB e o bacharelato no Colexio La Salle e o COU no instituto Xelmírez. Estudante de Filoloxía e Dereito na USC, mais o cinema decantou o seu devir. Foi alumno na Escola de imaxe e son na Coruña. No ano 1994 iniciou a súa carreira cinematográfica filmando seis curtametraxes. No ano 1998 trasládase a vivir a Madrid onde traballa  durante tres anos no programa Media da Unión Europea. No ano 2002 funda a produtora cinematográfica Iroko Films en que desempeña o traballo de director de desenvolvemento producindo oito filmes. Neses anos vive entre Madrid, Ronda, Edimburgo,  Fortaleza (Brasil) e Los Ángeles (EEUU). No ano 2009 retorna a Galiza e funda pouco despois a produtora cinematográfica Maruxiña Film Company coa idea de facer cinema de autor desde Galiza para o mundo enteiro. Como guionista e director filmou seis longametraxes e dúas series de tv. Recibiu unha decena de premios internacionais e nove premios Mestre Mateo. No 2020 foi Premio de honra Cineuropa no festival desta cidade.

Alfonso Zarauza