MOBILIDADE

Aprobada a remodelación da zona de aparcadoiro de Belvís, a iniciativa do BNG

belvis01
Belvís

Requiriuse tamén o arranxo de iluminación pública e sinalización deteriorada

Aprobada a remodelación da zona de aparcadoiro de Belvís, a iniciativa do BNG

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017.- O grupo municipal do BNG trasladou á reunión do Consello de Administración de TUSSA a necesidade de acometer un proceso de ordenación e mellora da mobilidade en Belvís, que foi aceptada.

Así, procederase a reordenar as zonas de estacionamento deste aparcadoiro público e o tráfico dos accesos ao campo de fútbol e á rúa das Trompas, grazas á iniciativa do portavoz do BNG, Rubén Cela.

Ademais, requiriuse o arranxo de elementos deste aparcadoiro que precisan unha intervención inmediata, como as farolas en mal estado e a sinalización xirada cara ás árbores que non cumpren a súa función.

Aprobada a remodelación da zona de aparcadoiro de Belvís, a iniciativa do BNG