SERVIZOS BÁSICOS

O BNG pregúntalle ao alcalde polo atraso nas solicitudes de instalación de abastecemento de auga en Santiago

Recibiu queixas da veciñanza con prazos superiores a un ano de agarda para lograr a conexión

O BNG pregúntalle ao alcalde polo atraso nas solicitudes de instalación de abastecemento de auga en Santiago

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2017.- O BNG formuloulle unha pregunta ao Goberno local para coñecer os motivos do atraso na instalación do servizo de abastecemento de auga, pois recibiu queixas da veciñanza que din que levan máis dun ano agardando para que a empresa concesionaria realice as obras de acometida.

 

Segundo a información que lles facilitaron, os problemas débense á falta de acordo na actualización das tarifas entre o Concello e a empresa concesionaria, o que motivou que non se expedisen máis autorizacións de enganche ao abastecemento e saneamento por parte do Goberno local. A iso súmanse problemas de falta de claridade e transparencia na xestión administrativa, con máis discrepancias entre a empresa e a administración municipal.

Por estes motivos, o BNG pregúntalle ao alcalde pola demora en resolver estas xestións que tanto prexuízo causaron á veciñanza afectada que solicitou a instalación deste servizo básico.

O BNG pregúntalle ao alcalde polo atraso nas solicitudes de instalación de abastecemento de auga en Santiago