PLENO

Por un bando coa declaración do Día da Patria e a distribución bandeiras galegas

A formación nacionalista instalará mesas informativas para divulgar a campaña do 25 de xullo

Por un bando coa declaración do Día da Patria e a distribución bandeiras galegas

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017.- O grupo municipal do BNG proponlle ao alcalde Martiño Noriega que redacte un bando municipal coa declaración do Día da Patria e que o Concello distribúa bandeiras galegas para pendurar en fiestras, galerías e balcóns durante as festas de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela ten que ser eixe das reivindicacións de identidade nacional o 25 de xullo, Día da Patria Galega, xa que é a cidade onde se congregan milleiros de persoas na manifestación que percorre as rúas da capital de Galiza para reivindicar os seus dereitos como pobo e tamén para festexar este día nacional.

Así, cómpre a publicación dun bando municipal coa declaración do 25 de xullo como Día da Patria Galega, para animar a participar nesta xornada.

Mesas informativas

Ademais, o BNG instalará mesas informativas para divulgar as actividades que se van realizar para o Día da Patria, que se poden visitar para recoller material de 17:00 a 21:00 horas, o xoves 20 de xullo na praza Roxa e o venres 21 de xullo na praza 8 de marzo; e o sábado 22 de xullo, 11.00 a 14.00 horas, na praza de abastos, onda o cruceiro de San Fiz.

Por un bando coa declaración do Día da Patria e a distribución bandeiras galegas