RURAL
O BNG reclama a eliminación de vexetación que invade fontes, vías e beirarrúas
O BNG reclama a eliminación de vexetación que invade fontes, vías e beirarrúas
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017.- O grupo municipal do BNG reclámalle ao Goberno local de Compostela Aberta, ante as numerosas queixas recibidas nas últimas semanas, que elimine a vexetación que invade fontes, vías e beirarrúas tanto no ámbito urbano como no rural.
Segundo coincide en explicar a veciñanza afectada de distintos lugares, a falta de rozado dificulta a visibilidade en moitos cruces do rural e impide o tránsito peonil tanto nas beirarrúas como nos camiños, debido á falta de mantemento por parte do Concello. Quéixanse ademais do mal estado das fontes.
Deste xeito, sinalan zonas na rúa Torreira, que xa pedira o BNG en Pleno; a fonte de Ponte Pereda, que segue sen limparse; a fonte da rúa das Oblatas; o rueiro de Figueiriñas e o paso polo río Sarela como exemplos de necesidade de actuación.